April 30, 2007
‘Eu tamén navegar’, por XOHANA TORRES
PENÉLOPE
Declara o Oráculo:
"Que a banda do solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.
Que ramas de loureiro erguen rapazas.
Que cor malva se decide o acio.
Que acades disas Patrias a vendima.
Que amaine o vento, beberás o viño.
Que sereas sen voz a vela embaten.
Que un sumario de xerfa polos cons.
Así falou Penélope:
Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?
EU TAMEN NAVEGAR"
Xohana Torres (Del libro: TEMPO DE RÍA)
.
1 comentario:
Encántame este poema, paréceme precioso e con mensaxe, a mistura perfecta! Graciñas por atendelo e facer que chegue a máis persoas :)
Publicar un comentario